Colaboradores Imprimir Correo-e
Os primeiros fondos do APOI foron aportados por Baldomero Iglesias (Mero) e Xosé Luís Rivas (Mini), quen, cando ceden o seu arquivo persoal ao Museo do Pobo Galego, fan sempre explícita a súa firme opción por facer públicas as súas gravacións para que volten ao pobo do que saíron, tal como a xente do pobo llas fixo chegar a eles. Esta entrega xenerosa non constitúe a súa contribución exclusiva, senón que manteñen a colaboración nos traballos de edición e información dos materiais.
 
Equipo de traballo
 
Baixo a dirección do equipo coordinador do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego (Carlos García Martínez, presidente, Xosé Manuel González Reboredo, coordinador, e María Xosé Fernández Cerviño, secretaria), participan nos traballos diversas persoas, sen a colaboración das cales o proxecto non podería levarse a termo:
 
César Martínez, Paco Cerdeira e Manuel Varela están a cargo da dixitalización, edición e arquivo inicial dos materiais.

Sergio de la Ossa, etnomusicólogo, é o encargado da adaptación da estrutura e contidos do arquivo, da selección e administración do repertorio publicado e da transcrición e análise dos documentos musicais.

Concha Losada, profesora de psicobioloxía e patroa do Museo do Pobo Galego, intervén no proceso de creación do arquivo, en aspectos xerais da arquitectura da base de datos e en solucións concretas relativas ao proxecto Sons e Voces da Identidade, no que se enmarca o APOI.

Iván Valladares e Domingo Rodríguez, informáticos da empresa AmaroukStudio, son os encargados da creación da páxina web e de atopar solucións ás cuestións formuladas polos especialistas das diferentes ramas do proxecto.

Felipe Seoane e Xosé Ramón Varela, físicos e socios do MPG, asesoran na elección das solucións tecnolóxicas.

Colaboradores
 
Olga Szalay e Mária Domokos, etnomusicólogas e membros da Academia Húngara das Ciencias, asesoran en materia de arquivo e catalogación e revisan o material transcrito en partitura.
 
O proxecto conta coa colaboración regular dos expertos Xabier Groba, José Luís do Pico e Ramom Almuinha, que asesoran en cuestións varias: etnomusicais e antropolóxicas, relativas a arquivos sonoros, difusión on line e dereitos de reprodución, etc.
 
 Cómpre agradecer tamén as colaboracións puntuais e os consellos recibidos das seguintes persoas: Giao Rodrigues, Miguel Pérez Lorenzo, Antón Santamarina, Mariña Arbor, José Luís Forneiro e Dorothé Schubarth.