| Actualizacións |
|
|
|
Actualizacións APOI, marzo 2011 (período entre o 21-01 e o 9-03 de 2011) – Pezas publicadas, novas entradas Incorporáronse 32 novos rexistros: MUS 189, 247-250, 258-259, 290-314. – Textos Pódense consultar no apartado de texto na táboa de resultados da Busca Avanzada. Foron publicadas as transcricións de 26 textos, correspondentes ás pezas: MUS 225-226, 235-236, 238-246, 251-253, 261-263, 277-281, 288-289. – Partituras Foron publicadas 30 novas partituras: MUS13-14, 36, 57, 61, 67, 71, 75, 84, 86, 89-91, 109, 112, 127, 140, 143, 155-156, 167-169, 182, 188, 221, 236, 261, 248, 285. – Análise musical Pódese consultar na ficha da peza ou na táboa de resultados da Busca Avanzada. Foron publicadas as análises de 48 pezas: MUS62-63, 70-71, 73-77, 79-80, 86, 90, 94-98, 100, 102-104, 107, 109-113, 122, 125, 127, 140, 143, 155-156, 167-169, 182-183, 188, 221, 236, 238, 248, 260-261, 299. – Outros As pezas MUS51-56, 95, 284 foron readxudicadas ao compilador Francisco Rodríguez Gómez, colección de Baldomero Iglesias. Recadamos o nome completo do sr. Cesáreo, un destacado informante. Agora atoparase na lista de informantes como: García Sánchez, Cesáreo. Tamén aparece nos grupos Lagares, Ricardo [et al.] e Lagares, Ricardo; García, Cesáreo; Suárez, Rafael. – Destacados Queremos chamar a atención sobre a interesante métrica musical de 8 das novas partituras publicadas, reflectida no uso de compases de amalgama. Todas elas pertencen a romances relixiosos, e principalmente do ciclo de Nadal: MUS75, 90, 127, 248 (en compás de 5/8); MUS156-157 (compás de 7/8); MUS155, 168 (alternancia de 7/8 e 2/4). Engadimos 7 novas compañeiras á até agora solitaria partitura de gaita no noso arquivo: MUS13, 36, 57, 61, 84, 91 e 285. Agradecemos a atenta revisión de Miguel Pérez Lorenzo das partituras da MUS36 e 91 e destacamos a formidable execución da MUS285. En canto ás novas pezas publicadas, recomendamos especial atención ás recollidas por Xesús Mato da formidable informante Alicia Díaz Blanco (MUS247-250), os extensísimos brindos de Ribeira de Louzarela (MUS300) e os desafíos que se atopan entre as pezas MUS310-314.
Datos sobre o APOI, a 9 de marzo de 2011: 300 cortes publicados, de entre os cales 297 son de audio e 3 son de vídeo. 265 son pezas vocais (21 delas con acompañamento de instrumento melódico). 35 son pezas instrumentais. 30 pezas inclúen acompañamento de percusión. 200 pezas vocais teñen o texto publicado. 100 pezas teñen a análise musical publicada. 100 pezas teñen a partitura publicada.
Novidades no apartado de dixitalización e edición de fondos sonoros 8 outubro 2010 Contando co patrocinio da Deputación de Lugo, iniciáronse os traballos de edición do fondo compilado por don Xesús Mato, que na súa meirande parte corresponde a esta provincia. As cintas que integran este fondo foran xa dixitalizadas nunha fase previa. En breve se poderá contar coa publicación dunha selección delas para consulta a través de internet. O estado xeral do apartado de dixitalización e edición do proxecto Sons e Voces da Identidade, relativo aos fondos das diferentes coleccións, é este: – Xosé Luís Rivas Cruz (Mini): 28 cintas dixitalizadas e editadas. Contén recollas en localizacións varias, destacando en número as de Terra de Montes (Pontevedra). – Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero): 439 cintas dixitalizadas, das cales 297 xa están editadas. O groso da colección está composto por rexistros provenientes do concello de Mesía. Nas recollas destes dous compiladores atópanse, ademais de música: entrevistas, contos, adiviñas, refráns, etc. – Xesús Mato: 39 cintas dixitalizadas, das cales 30 xa están editadas. – Juan Parga: 4 cintas (abertas) dixitalizadas. Inician esta colección unhas recollas da familia Fernández Trebolle (Monel - Becerreá, provincia de Lugo), de fin dos anos 60. – Xosé Manuel González Reboredo: 16 cintas dixitalizadas, que conteñen pezas musicais e entrevistas procedentes de traballos de campo realizados en diversos puntos de Galicia. Dos fondos propios do Museo do Pobo Galego: – 54 cintas dixitalizadas e editadas, correspondentes ao proxecto “Recupera-la tradición oral”, no que participaron centros escolares de concellos de A Coruña e Pontevedra. – 32 cintas dixitalizadas, que fan parte dos rexistros de campo realizados por alumnos da Área de Antropoloxía social da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do prof. Marcial Gondar. |



